top of page

Vida útil da porcelana (Silvia Penas e Samuel Merino)

Vida útil da porcelana é un recital no que se mesturan a poesía, o audiovidual e a arte de acción

que propón a creación como unha vía de autoficción.

Conscientes de que as grandes preguntas da existencia tiveron, teñen e terán, dun xeito ou outro, respostas a través do discurso, propoñemos o discurso poético como linguaxe última a través da cal experimentar o mundo.

O cerne temático desta proposta é a problemática arredor da imaxe corporal, que moitas veces desemboca nos chamados trastornos de alimentación e noutros tipos de violencia sobre os corpos.




bottom of page