RECITAL EN CONMEMORACIÓN DO CENTENARIO DE "LA CUEVA" (O PORRIÑO)

Os pasados 26 e 27 de agosto tiveron lugar no Porriño varios eventos (concertos, sesións dj, xantar, etc...) cos que se celebraron os cen anos desde o nacemento da "casa de comidas" máis emblemática da vila: La Cueva.
Canda o meu compañeiro de palco, Fernán Permuy e arroupado e vestido de gala co traballo do videocreador Juanma Lodo, tiven o pracer de levar os meus poemas á praza do pobo que foi testemuña da miña infancia, parte da miña adolescencia e, agora, fogar nesta miña etapa de vida adulta.
Esta "entrada de blog" non ten outra finalidade que a de agradecer á organización que contara connosco, que me dera a oportunidade de facer o me traballo nun contexto tan próximo e familiar e, sobre todo, facer fincapé na importancia que ten para unha persoa que o seu traballo sexa recoñecido por aquelas persoas que forman parte do seu día a día.
Por outros cen anos máis.