top of page

Presentación de GUANTANAMERA. POEMA NUN SÓ ACTO na Arca da Noe (Vilar de Santos- Ourense)

O vindeiro 26 de decembro (domingo, por volta das 19h) estarei na Arca da Noe presentando este meu poemario. A encargada de presentalo será a poeta Silvia Penas, que prologa este poema nun só acto e que presentará, tamén, o seu último traballo O RESTO É CÉU; acompañada de António Alberto Alves.


Fernán Permuy acompañarame, coma sempre, coa súa guitarra nun recital que me fai moita ilusión e a directora de escena Irene Moreira intervirá no evento cunha achega teatral a Gunatanamera. Envolvéndoo todo, a exposición fotográfica de Álex Sobrino, autor das fotografías de Guantanamera.


Agardo vervos alí connosco. <3



bottom of page