GUANTANAMERA
Poema nun só acto
Sobre Guantanamera
Corpo a terra/corazón, corpo a terra, para expoñer a túa carne ao corte do leghón, ou á erosión ondulada que encadea o fracaso das palabras. Dicir, pronunciar, preguntar coa boca aberta e unha man dentro, imposible o aire, imposible a conciliación de cada lado da distancia. Canto tempo separa aquela guajira de Guantánamo dunha muller do rural de Mos?, ou dun home, apenas un home que non é senón a mingua dun home? Así Merino bota man da escrita por non poder dar conta do acontecemento, da vivencia, da pulsión dos corpos vivos, precarios, inseguros, loitando contra a hostilidade do mundo: Digo fogueira porque pronuncio lume/ por exemplo, ou estufa de leña/ e cando pronuncio este discurso/ estou dicindo soidade.
(Prólogo de Silvia Penas)




Dispoñible en tenda online e librarías