Pompa & Boato
[Samuel Merino]
INFORMACIÓN DE CONTACTO:
Se precisas contactar comigo podes facelo directamente a través das miñas RRSS (ligazóns debaixo) ou ben escribirme a pompa3boato@gmail.com
Tamén podes localizarmeno número de teléfono:
655 902 808
" [...] Non existe gramática ningunha
que me guíe
na construción do discurso que preciso
para dar conta do difícil
que é encetar un corpo distinto cada día
non existe gramática
para contar ainda sen pormenores
que é posible ter trinta e nove
—trinta e nove anos—
e un corpo acabado de nacer."

Sobre min:
Samuel Merino é un creador multidisciplinar que na actualidade desenvolve o seu labor arredor dunha poética (escrita e escénica) na que se aprecia a pegada indeleble da súa formación en Filosofía (Universidade de Santiago de Compostela).
As súas creacións, de carácter intimista e autorreferencial, poñen o foco na indicibilidade das sensacións que afogan ás persoas pensándose a si mesmas; persoas que reflexionan acerca do lugar que ocupan no mundo e mais tamén do xeito no que este habita os corpos individuais.
En 2019 publicou o seu primeiro poemario en español Enésmima Patada con Amor, ao que seguiu, en 2021, Trementina.
Guantanamera. Poema nun só acto é o seu primeiro traballo en lingua galega.

NON PRECISO DICIR ANGUSTIA
GUANTANAMERA. POEMA NUN SÓ ACTO

Video realizado por Álex Sobrino
PRENSA E COLABORACIÓNS
ENTREVISTA
- POR SANTIAGO JAUREGUIZAR -
ENTREVISTA
- FARO DE VIGO -
ENTREVISTA

- POR PALABRA DE GATSBY -

SAMUEL MERINO Poeta